Albergue de montaña en Vilariño de Conso - Ourense

A Contorna

Unha contorna espectacular nun val glaciar único

Un val espectacular, que mostra distintas vestimentas a quen o visita ao longo do ano: as seis espectaculares cascadas esvaran e precipítanse por ladeiras e cavorcos no húmido inverno; a floración primaveral das queirugas e carqueixas desprega un manto multicolor que abraza e arrodea as aldeas e os camiños milenarios; ribeiras e soutos ofrecen fresco acubillo no ardor estival e, no outono, outra policromía inunda as fragas e devesas.
E cruzando esa maravilla, unha calzada romana de máis de dous mil anos, que se pode percorrer mentres se descobren as paisaxes e os segredos deste val descoñecido.

Clicar na imaxe para ver mellor