Albergue de montaña en Vilariño de Conso - Ourense

Unha contorna espectacular nun val glaciar único

A Palleira do Curralón, un pequeno recanto da aldea de Pradoalbar, é agora un albergue de montaña clásico, equipado para facilitar e promover as andainas e excursións por este fermoso val glaciar

O Albergue

Con 200 m2 de superficie interior e dúas plantas, o albergue ten capacidade para 15 persoas, cunha estancia colectiva no segundo andar, con 7 liteiras e 14 prazas, e un pequeno cuarto para 1 praza no soto, onde se encontran a cociña, comedor, servizos e aceso ao predio exterior.

A contorna

Un val espectacular, que mostra distintas vestimentas a quen o visita ao longo do ano: as seis espectaculares cascadas esvaran e precipítanse por ladeiras e cavorcos no húmido inverno; a floración primaveral das queirugas e carqueixas desprega un manto multicolor que abraza e arrodea as aldeas e os camiños milenarios; ribeiras e soutos ofrecen fresco acubillo no ardor estival e, no outono, outra policromía inunda as fragas e devesas.
E cruzando esa maravilla, unha calzada romana de máis de dous mil anos, que se pode percorrer mentres se descobren as paisaxes e os segredos deste val descoñecido.

Todo o que buscas para unha experiencia de vida rural.

Con 200 m2 de superficie interior e dúas plantas, o albergue ten capacidade para 15 persoas

Estancia colectiva

No segundo andar, con 7 liteiras e 14 prazas

Cuarto para 1 praza no soto

Situada no soto, onde se encontran a cociña, comedor, servizos e aceso ao predio exterior

Zonas comúns

A cociña, o comedor, e os aseos coa lavandería.

Ver dispoñibilidade

Nun dos vales máis remotos de Galicia…

Montañas, bosques, ríos e cascadas conviven co pasado glaciar. E tres pequenas aldeas conservan a autenticidade da vida rural.

Actividades

As andainas e excursións

Numerosas son as posibilidades para percorrer este Val do río Cerveira, o veciño de Cenza e os altos da Serra de Queixa e Montes do Invernadeiro, protexidos polo seu parque natural.  Podemos destacar as seguintes:

Roteiro do Castelo de Cerveira

É a andaina clásica en Pradoalbar, coa ascensión ao pequeno pico do Castelo, onde se encontran os restos dunha espectacular fortificación romana

Roteiro da calzada romana (Sabuguido-Pradoalbar)

O roteiro parte da aldea de Sabuguido, desde onde se pode tomar o camiño que discorre pola mesma calzada romana, variante da …., que comunicaba estas montañas hai máis de dous mil anos.

Roteiro da Cenza de Edrada

Espectacular en inverno ou na primavera, se o inverno deixou moita neve nos altos da serra. O roteiro cruza a aldea de Edrada e pódese voltar a Pradoalbar alternando a estradiña local e os tramos que se conservan da calzada romana.

Roteiro de Pradoalbar-Penedo da Lebre-Mallada de Cerveira

Desde A Barriada, o bairro máis alto e situado máis ao norte de Pradoalbar, parte un camiño que, ascendendo pola pequena valgada de Valboela, conduce á Pena da Lebre

Sorprendente contorna natural para un aloxamento de montaña